Sucesos

Detido despois de asaltar con violencia a unha muller no centro de Ourense

Foi detido 16 días despois dos feitos

Paco Sarria

Ourense |

Policía Nacional
Policía Nacional | OC

A Policía Nacional detivo a un individuo acusado de se-lo autor dun delicto de roubo con violencia e intimidación.

Os feitos producíronse nunha rúa céntrica , sobre as 13 horas, a comezos de mes, no portal dunha vivenda, cando o asaltante, que seguira previamente á víctima, aproveitou que esta entraba no seu domicilio.

O asaltante propinou un empurrón á muller á que arrebatou o bolso, fuxindo acto despois á carreira.

Dezaseis días despois e tras varias pescudas, o asaltante foi identificado e detido, pasando a disposición xudicial.