Seguridade vial

Detido por conducción temeraria en vehículo robado e sen carnet

Foi localizado meses despois de fuxir

Paco Sarria

Ourense |

La Guardia Civil de Tráfico durante un control
La Guardia Civil de Tráfico durante un control | Subdelegación del Gobierno de Alicante

A garda civil de Ourense investiga a un conductor que se deu á fuga a máis de 200 kms/hora coas luces apagadas, sen carnet de conducir en un vehículo sustraído.

Ó darlle o alto fixo caso omiso ás indicacións dos axentes e emprendeu a fuxida a gran velocidade durante máis de 15 kilómetros.

Ocorríu na autovía A-52 á altura do Concello de Allariz e os axentes intervintes tiveron que facer unha manobra evasiva para non ser arrollados.

Tras perseguilo, decidiron non proseguir para evitar males maiores.

O vehículo non tiña seguro e os neumáticos estaban en mal estado, e o conductor ten unha orde de alonxamento do titular do mesmo.

O conductor fugado non ten actualizado o seu domicilio na DGT o que dificultou meses a súa localización.

Unha vez localizado puderon comprobar que non tiña carnet por ter esgotados os puntos do mesmo por sancións.

Agora enfróntase a 4 delictos. Conducción temeraria, conducir vehículo sen permiso de conducir, desovediencia grave a axentes e furto o que implicaría penas que poderían acadar en conxunto máis de 13 anos de cárcere.