Ciberseguridade

A Deputación de Ourense explica ós concellos servizos contra os ciberataques

A Deputación adhírese ó programa do Centro de Operacións de Ciberseguridade para entidades locais

Paco Sarria

Ourense |

A Deputación de Ourense explica ós concellos servizos contra os ciberataques
A Deputación de Ourense explica ós concellos servizos contra os ciberataques | onda cero ourense

Os concellos ourensáns disporán dun servizo gratuíto para garantir a seguridade das súas instalacións e documentos dixitais grazas á adhesión da Deputación de Ourense ao Centro de Operacións de Ciberseguridade para as Entidades Locais (COCS_EELL).

O director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Marcos Valiño, xunto cos responsables da empresa adxudicataria do programa, explicaron aos representantes municipais, nun encontro de traballo celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a necesidade do proxecto, o seu alcance e obxectivos que se pretenden alcanzar.

Nun mundo cada vez máis dixital, destacou Marcos Valiño, a Deputación de Ourense foi quen de captar os recursos e financiación necesarios para proporcionar todo tipo de servicios de ciberseguridade aos concellos da provincia de forma gratuíta e durante 5 anos.

Os servizos que se ofrecen e que serán xestionados pola Deputación xiran en torno a cinco eixos fundamentais: prevención, protección, detección, resposta e asesoría. Desta forma facilitaranse aos concellos ferramentas e equipamentos que posibilitarán a prevención e detección temperá de incidentes, así como servizos de resposta inmediata e xestión de crisis ante calquera incidente de ciberseguridade.