Os sindicatos representados na Comisión de Centro do Complaxo Hospitalario Universitario de Ourense manifestaron o seu malestar e preocupación pola decisión da xerencia de non convocar a reunión mensual ordinaria deste órgano de representación do personal.
Para esta representación laboral a ausencia desta convocatoria supón unha falla de respeto institucional cara os lexítimos representantes dos traballadores sanitarios e dificulta a necesaria interlocución, impedindo abordar asintos de gran relevancia que afectan aos profesionais e que requieren de respostas e solución urxentes.
Dende a Comisión de Centro esixen á xerencia do CHUO que retome de xeito inmediato o diálogo social e proceda á convocatoria da reunión correspondente garantindo o cumprimento dos mecanismos de representación e participación.

