Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

ourense cidade

Aberto o prazo de inscrición para as actividades de conciliación no Nadal 2018

O programa pretende que “a mocidade poida estar realizando actividades lúdicas ao tempo que aprendendo, pero tamén para que teña tempo para desfrutar en familia da cidade e do programa de festas”,

Redacción | Ourense | 05/12/2018

belen iglesias

belen iglesias / onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Educación, programa diferentes actividades para este Nadal co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar de pais e nais. Este programa 'Concilia Nadal 2018' levarase a cabo en diferentes instalacións municipais, e pretende que “a mocidade poida estar realizando actividades lúdicas ao tempo que aprendendo”, en palabras de Belén Iglesias, concelleira de Educación, “pero tamén que teñan tempo para desfrutar en familia da cidade e do programa de festas”.

As actividades levaranse a cabo os días 26, 27, 28 de decembro de 2018, e 2, 3, e 4 de xaneiro de 2019, e están divididas en dous grandes grupos.

As da Aula da Natureza do río Miño (Oira) están dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos (Educación Primaria). Deberán inscribirse nas oficinas da Concellería de Educación (praza de San Martiño 2, 1º andar), do 7 ao 20 de decembro. O horario será de 10:00 a 13:30 horas, e o custe é de 10 euros (5€ para os irmáns). O único requisito é o de presentar o certificado do centro escolar, a fotocopia da tarxeta sanitaria e unha foto.

As actividades das Bibliotecas Públicas Municipais (BPM A Carballeira, San Francisco e A Ponte) están pensadas para escolares de 4 a 10 anos, e realizaranse en horario de 11:00 a 13:00 horas agás na BPM da Ponte, que permanecerá activa de 10:00 a 13:30 horas. A inscrición deberá realizarse nas propias bibliotecas, do 7 ao 20 de decembro e de balde.