A cig acordou retomar co inicio do novo ano a "campaña en defensa do sistema de pensións públicas" esixindo ao goberno do estado que derogue as reformas realizadas polo PP entre 2010 e 2013 por entender que empobreceron a pensionistas e maiores. Para abordar este asunto o sindicato convocou unha asamblea de delegados o 16 de Xaneiro ás 10 da mañá que concluirá cunha concentración diante do Inss.O sindicato tamén proseguerá ca campaña sobre "dereitos roubados" esixindo a derogación das reformas laborais e chamando a mobilizarse á clase traballadora. Asemade secundará e chamará, a través da secretaría da muller, a unha nova folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo "nuns momentos que para o sindicato son de especial importancia porque dende a dereita se están a cuestionar os avances lexislativos na materia".
Non todo é negativo xa que para a CIG é positivo "constatar a recuperación da negociación colectiva tras negociarse recentemente convenios que levaban sete anos sen asinarse".