Centos de ourensáns concentráronse na Praza Maior de Ourense para reivindicar outra política forestal e para protestar contra a xestión da Xunta de Galicia na actual vaga de lumes.
A mobilización tivo lugar en todas as cidades e principais vilas galegas. No caso de Ourense tamén en Verin, Celanova e Allariz.
Os convocantes, pertencentes a organizacións do ámbito nacionalista incluídos nunha Plataforma, expresaron solidariedade coas víctimas do lume e demandaron outra política forestal.

