CCOO e UGT chaman a ciudanía de Ourense a movilizarse pola recuperación de dereitos
A loita por avances en dereitos, igualdade e cohesión social teñen que continuar sexa cal sexa o resultado das eleccions generales
ESTA MOBILIZACIÓN DEBE COMENZAR NAS FURNAS OPTANDO POR AQUELAS OPCIÓNS POLÍTICAS QUE TEÑAN A AXENDA SOCIAL COMO PUNTO FUNDAMENTAL DOS SEUS PROGRAMAS POLÍTICOS EN CONTRAPOSICIÓN DOS MOVEMENTOS REACCIONARIOS QUE NON SÓ QUEREN CONSOLIDAR OS RECORTES SUFRIDOS ATA A DATA, SENÓN QUE QUEREN INCREMENTALOS ATA LEVARNOS DE NOVO AO BRANCO E NEGRO.
A MOBILIZACIÓN DEBE CONTINUAR NAS RÚAS O 1º DE MAIO, XA QUE A LOITA POR AVANCES EN DEREITOS, IGUALDADE E COHESIÓN SOCIAL VAI CONTINUAR SEXA CAL SEXA O RESULTADO DO DOMINGO. A MOBILIZACIÓN NA NOSA PROVINCIA É MAIS NECESARIA CA NUNCA, XA QUE OURENSE ESTASE CONSOLIDANDO NA COLA A NIVEL ESTATAL EN CALQUERA PARÁMETRO QUE SE ANALICE. AS RÚAS TEÑEN QUE SEREN UN CLAMOR NA NOSA PROVINCIA ONDE O TRABALLO TEMPORAL, PRECARIO E DE BAIXOS SALARIOS, IMPIDELLE Á MOCIDADE O DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO VITAL DIGNO, OBRIGÁNDOS EN MOITOS CASOS A TER QUE BUSCALO FORA DA NOSA PROVINCIA, E CONSOLIDA A FIGURA DA PERSOA TRABALLADORA POBRE, QUE AÍNDA TENDO TRABALLO NON PODE CUBRIR AS SÚAS NECESIDADES BÁSICAS.
UNHA PROVINCIA ONDE O NÚMERO DE PERSOAS PENSIONISTAS E XUBILADAS É MAIOR QUE O NÚMERO DE PERSOAS TRABALLADORAS, PERCIBINDO UNHAS PENSIÓNS MEDIAS DAS MAIS BAIXAS DO ESTADO. UNHA PROVINCIA ONDE A ECONOMÍA ESTÁ BASEADA NO COMERCIO E A HOSTELERÍA QUE NON CREAN VALOR ENGADIDO E ONDE A BUSCA DE INVERSIÓN INDUSTRIAIS, QUE XENERAN MAIS RIQUEZA E PODERÍAN FIXAR POBOACIÓN, BRILAN POLA SÚA AUSENCIA.
UNHA PROVINCIA ONDE O POUCO EMPREGO MÍNIMAMENTE DECENTE ESTÁ EN RISCO COA DESLOCALIZACIÓN DO TRABALLO, COMO É O CASO DE UNITONO, ONDE ESTÁN EN RISCO CENTOS DE POSTOS DE TRABALLO AO PRETENDER DESVIARSE O TRABALLO A SUDAMÉRICA OU CATALUÑA. UNHA PROVINCIA CUN PROBLEMA DEMOGRÁFICO GALOPANTE, CUN ENVELLECEMENTO ACELERADO DA POBOACIÓN, CUN ABANDONO PAULATINO DO RURAL, COA REPERCUSIÓN QUE ESTO VAI TER NA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS ESENCIAIS, E UNHA TAXA DE EMIGRACIÓN CRECENTE. SOBRAN OS MOTIVOS E AS RAZÓNS PARA SAÍR Á RÚA O 1º DE MAIO E ENTRE TODOS E TODAS DEBEMOS DE SER CAPACES DE PÓR ÁS PERSOAS NA PRIMEIRA LIÑA DA AXENDA POLÍTICA, POR RIBA DOS INTERESES ECONÓMICOS E FINANCIEIROS.