O BNG pide no Congreso dos Deputados, ó través de Néstor Rego, a adopción de medidas que eviten incidencias como a ocorrida esta semana coa conxelación da catenaria que paralizou o traxecto dun Ave a poucos kilómetros da saída da estación de Ourense.
Rego pregunta tamén polas medidas adoptadas para a evacuación dos 170 viaxeiros afectados e como van a ser compensadas.
O nacionalista aproveita a ocasión para preguntar polo novo calendario de remate do tramo Taboadela-Rante e a que se debe o retraso e tamén polo estado dos dous tramos da denominada Variante Exterior.