Senado

O BNG pide no Senado accións urxentes contra os arrastres de cinzas

Piden que Goberno central e Xunta deixen de pelotear

Paco Sarria

Ourense |

O BNG pide no Senado accións urxentes contra os arrastres de cinzas
O BNG pide no Senado accións urxentes contra os arrastres de cinzas | onda cero ourense

O bng esixe a máxima colaboración e actuacións urxentes para protexer a bacía do arrastre de cinzas ós cauces fluviais tra-la vaga de lumes do verán.

A senadora nacionalista Carme da Silva demanda medidas inmediatas e coordenación entre administración para garantir o abastecemento de auga potábel e para frear o impacto ambiental.

Critica a nacionalista que Xunta e Estado estén a pasarse a pelota sobre as responsabilidades e competencias de cada quen.