O Bloque Nacionalista Galego solicitou unha nova ubicación para o Punto de Encontro Familiar de Ourense.
A deputada nacionalista ourensá, Noa Presas, denuncia que na actualidade, o Punto de Encontró comparte instalación coa Casa da Xuventude, o que consideran unha situación “insostible”.
Ó mesmo tempo lembra que o movemento feminista ourensán leva moitos anos reivindicando unha nova ubicación xa que, compartir espazo resta privacidade e confidencialidade, alén de xerar outras problemáticas.

