O BNG pide a reprobación de Baltar Blanco e reclama no Parlamento de Galicia a súa demisión como Senador do PP por designación autonómica por que “cada minuto que segue representando á cámara galega é unha vergoña” para o país.
A parlamentaria ourensá Noa Presas considera que a demisión de Baltar é “unha obriga ética e legal” tras ser condeado polo Tribunal Supremo por un delicto contra a seguridade vial ó ser sorprendido pola garda civil circulando a máis de 200 kilómetros por hora na autovía Rías Baixas na provincia de Zamora.
Presas explicou que a conducta do Senador popular é “política e éticamente reprobable e ve ós populares “incapaces de facelo demitir” e lembra que o mesmo vehículo era conducido unha hora antes e multado por circular a 170 km/hora nun tramo tamén limitado a 120, á altura do Concello de Allariz.