O grupo municipal do BNG instará ó goberno local de Democracia Ourensana á eliminación física dos contedores soterrados que existen en diferentes puntos da cidade.
Entenden os nacionalistas que é precisa a retirada física dos mesmos para a posterior recuperación dos espazos nos que están instalados, e así o trasladará o voceiro Luis Seara ó pleno de este venres.

