O sábado 4 de maio tivo lugar a segunda fase da Copa Deputación e a fase final do provincial escolar de Ourense. O Club Ximnasia Pavillón e o Club Escola Ximnasia Pavillón presentaban un total de 13 conxuntos e 9 individuais no nivel escolar. O maior logro foi acadar a clasificación para o campionato galego coa totalidade dos equipos que se presentaban, polo tanto o Pavillón será o club con máis representación da provincia.
Un total de 7 ouros, 6 pratas e 4 bronces amosan o bo momento no que se atopa a escuadra pavillonista.
Individual:
.2º Ximena González-iniciación
.1° e 2º Carla Camino e Elia Lorenzo-prebenxamín
.1° Olivia Currás -benxamín
.2º, 3° e 4° Ana Sofía Fernández, Noa Pereira e Valeria Sotelo– alevín
.1° e 2º Alexandra González e Daniella Pérez-infantil
.3° - Pura Diéguez _ sénior
Conxuntos:
.1° iniciación Cx Pavillón
.1° e 3º prebenxamín Cx Pavillón
.1° benxamín Ex Pavillón
.2º e 4° alevín Ex Pavillón
.1°, 2º, 4° e 5° infantil Ex Pavillón, Cx Pavillón e Ex Pavillón Ribadavia
.3° cadete Cx Pavillón
.1° e 2º sénior Cx Pavillón
Por outra parte tamén se disputaba en Maceda a segunda fase provincial dos niveis promoción e prebase onde as nosas individuais e conxuntos amosaron o seu traballo e o seu nivel de preparación no camiño ao campionato autonómico que terá lugar en xuño. En individual Noa e Sabela en alevín e Carlote e Alexia en infantil foron ouro e prata respectivamente. Nos conxuntos os cinco conxuntos pavillonistas subiron ó máis alto do pódium: benxamín, alevín, xuvenil e máster en promoción e o cadete prebase.