Ourense Cidade

As asociacións de veciños da cidade impartirán 137 cursos

Están destinadas a público de todas as idades, e anotarse é gratuíto: só é preciso ser socio dalgunha das máis de 50 asociacións de veciños

ondacero.es

Ourense |

Cursos para asociacion de veciños de Ourense | Ourense Dixital

Máis de 2.500 ourensáns participarán, ao longo deste ano, nos 137 cursos que o Concello de Ourense pon a disposición das asociacións de veciños da cidade no marco do programa de accións formativo-participativas. Están pensadas para público de todas as idades, e realízanse “co ánimo de darlle vida aos barrios, promover a interacción e os hábitos de vida saudables entre veciños”, segundo o concelleiro Carlos Campos, de Participación Cidadá, unha área que destina 146.000 euros para esta fin.

Os cursos son diversos, e procuran o desenvolvemento da actividade física e mental, coñecementos de informática básica ou, simplemente, relaxación. Así, haberá oferta de Zumba ou Bailes latinos, pasando polo Pilates, o Ioga ou a ximnasia de mantemento ou a Relaxación. Risoterapia ou Hábitos saudables están incluídos na oferta deste ano, así coma os Obradoiros de Memoria. Tamén haberá espazo para aprender a usar os móbiles ou para iniciarse na informática. Con todo, as Manualidades seguen a ser a actividade estrela.

Tamén se ofrecen cursos tan dispares coma o Encaixe de bolillos e Calceta, xunto con outros de Cociña tradicional ou Tapas, pinchos e canapés. Unha oferta, en definitiva, “variada e accesible para todo o mundo”, en palabras do edil Carlos Campos.

De luns a sábado durante todo o ano

A maior parte dos cursos comezarán na última semana de xaneiro -agás os de Manualidades, Encaixe de bolillos, Corte e confección, Calceta, e Cociña, que o farán en febreiro-, e desenvolveranse até finais de novembro en diferentes horarios -dependendo da asociación- de luns a sábado durante 25 sesións, con clases de 75 a 120 minutos semanais.

Anotarse é gratuíto: só é preciso ser socio dalgunha das máis de 50 asociacions