O arquitecto Manuel Gallego Jorreto Premio Nacional de Arquitectura 2018.
O xurado recoñece a dilatada traxectoria profesional deste arquitecto, con máis de 50 anos de exercicio profesional marcado por unha arquitectura comprometida con Galicia e caracterizada por un diálogo honesto entre os materiais tradicionais, os oficios e a modernidade.
O fallo foi dado a coñecer hoxe polo Ministerio de Fomento.