Un conductor ourensá saiu ileso esta mañá despois de que o vehículo no que circulaba pola Avenida Luís Espada de Verín comezase a arder. O home de 72 anos baixouse do turismo ao ver lume no capó dándose a circunstancia de que xusto detrás circulaba unha patrulla da garda civil de tráfico que o auxiliou utilizando un extintor. Ate o lugar acudiron tamén bombeiros de Verín que colaboraron na extinción. O vehiculo foi retirado posteriormente da vía pública abrindose a correspondente investigación para averiguar as causas do suceso.
Arde un vehículo no centro de Verin
Un vehículo que circulaba por unha céntrica rúa do Concello de Verín ardeu esta mañá por razóns que se están a investigar.

