A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a casa niño de Piñor, na que informou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas para a posta en marcha dunha casas niño nos 23 concellos que non teñen ningunha opción para conciliar.
Esta nova orde conta cun investimento de 2 millóns de euros para a creación de 115 novas prazas de casas niño, pequenos centros en concellos sen ningunha outra opción de conciliación. Con esta convocatoria extraordinaria, preténdese estender ao 100% dos municipios galegos este servizo.
Cómpre sinalar que do importe total, 345.000 euros serán para obras de adecuación dos inmobles, 15.000 euros por cada un deles, e 1,6 millóns para o funcionamento diario do servizo de casa niño e 19.600 euros anuais por cada casa.
Ademais de informar de que a partir de mañá se poderán solicitar axudas para a creación de máis casas como a de Piñor, Amparo González quixo destacar a calidade na atención que reciben as pequenas e pequenos de 0 a 3.