O presidente da Deputación, Luis Menor, salientou o “salto cualitativo” que suporá a dixitalización dos viñedos do Ribeiro grazas a un sistema `pioneiro en Galicia no que a institución provincial investíu 20 mil euros.
Menor acompañou á presidenta do Consello Regulador de Denominación de Orixe, Concepción Iglesias, e a Alcaldes da zona, a unha visita a zonas vinícolas nas que vai a aplicarse esta ferramenta da que van a beneficiarse 17 mil parcelas.
A Deputación leva investidos 200 mil euros na promoción do sector dende o comezo do actual mandato.
O presidente Menor puxo en valor “ a aposta pola modernidade” .

