DEPORTES MÁS DE UNO A CORUÑA 6/4/2021

Mónica Martínez: "A negociación do novo convenio Abanca-Concello por Riazor lévaa directamente a alcaldesa Inés Rey"

Mónica Martínez, concelleira de Deportes da Coruña, atendeu a chamada de Onda Cero con motivo da posta en marca do Consello Local de Deportes. Tamén falamos de cómo vai a negociación do Concello con ABANCA para un novo convenio do uso de Riazor polo Dépor. De esa negociación encárgase directamente Inés Rey, a alcaldesa. No día despois dun novo record de España de Halterofilia por parte de Irene Martínez e de que o caso Fuenlabrada se pase a xogar e xulgar en Fuenlabrada porque se inhibe a xuiza coruñesa que levaba o caso.

Alberto Gómez Barros

A Coruña | 06.04.2021 15:26

Vivimos e contamos o qué pasa o día despois de que Irene Martínez nos dera unha alegría dende Moscú. Alí participa nos Campeonatos de Europa de HAlterofilia e onte Irene conseguiu unha nova mellor marca de España. No total olímpico de 59 kg. Conseguiu levantar 193 kilogramos . E igualou a marca que xa acadara anteriormente, levantando 90 kg. no movemento de arrancada.

Outra muller, a titular do Xulgado de Instrucción número 6 da Coruña, tamén protagonizou a tarde informativa do luns, dado que emitiu un Auto no que se inhibe no caso Fuenlabrada e trasladao o xulgado de Fuenlabrada en Madrid. Para María Jesús García García, "no desprazamento e estancia da expedición no hotel de concentración non se aprecian indicios de incumprimento dos protocolos establecidos". Por iso remite a instrucción a Fuenlabrada para que se investiguen alí as circunstancias que provocaron a viaxe dende Fuenlabrada á Coruña, dado que alí sí se detectaran xa casos positivos por COVID no equipo madrileño, co que se terá que esclarecer si houbo delito e incumprimento dos protocolos sanitarios na Comunidade de Madrid.

E acabamos falando hoxe con Mónica Martínez, concelleira de Deportes da Coruña, sobre a posta en marca do Consello Local de Deportes. Será esta tarde. Nun acto que terá lugar en Riazor. Coa presenza da alcaldesa Inés Rey. Precisamente, Mónica apuntou que está sendo Inés Rey a que leva directamente dende a Alcaldía a negociación con ABANCA dun novo convenio sobre o uso e disfrute do Estadio de Riazor por parte do Deportivo.

Convertida ABANCA en propietaria do Deportivo, o convenio para o uso e disfrute de Riazor en exclusiva por parte do Deportivo perde vixencia, dado que un dos puntos que non se cumpre é precisamente a existencia dun propietario de referencia, neste caso con un 78%, algo que non sucedía cando se firmaron os convenios anteriores e que permitían o "alquiler" gratuíto de Riazor a favor do Deportivo.

Por iso está aberta unha nova negociación do convenio do que Mónica non deu moitos detalles, pero aclarou que é unha cuestión que negocia directamente Inés Rey e que está habendo unha predisposición total por parte de ABANCA para chegar a un novo acordo. E é que non hai que esquecer, mismamente, que na memoria que enviaba ABANCA á Comisión NAcional do Mercado de Valores a pasada semana apuntaba que a sua entrada na propiedade do Deportivo, canxeando débeda por accións, ía encamiñada a unha reestructuración da sociedade e a "poñela en valor no menor prazo posible e establecer un plan de venta para dar entrada a novos socios e recuperar a inversión realizada".