Tamén denuncian prácticas de chantaxe ós gandeiros en véspera de remate de contratos

Unións Agrarias denuncia ás industrias lácteas ante a Fiscalía por introducir leite de Portugal e Francia en Galicia

A denuncia foi presentada na Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Denuncian un exceso de oferta e unha baixa nos prezos de 7/8 céntimos de media por litro nun contexto, por contra, de incremento de custes para os gandeiros polos efectos da Gerra de Irán. Óscar Pose, responsable de Sector Lácteo de Unións Agrarias, foi o encargado de presenta-la denuncia ante a Fiscalía

A esta denuncian engaden dende Unións Agrarias a queixa polo que consideran unha práctica chantaxista e orquestrada das industrias lácteas, en véspera do remate de moitos contratos con gandeiros, concretamente o día 1 de abril, con ofertas de renovación á baixa. Deste xeito, e dado que o leite é perecedeiro e non se pode gardar moito tempo, os gandeiros vense chantaxeados e forzados mesmo a asinar para que lle recollan o leite.

Alberto Gómez Barros

A Coruña |

Representantes de Unións Agrarias, despois de presentar denuncia ante a Fiscalía na Coruña