Concelleiro de Promoción Económica de A Coruña

Gonzalo Castro: "Os aeroportos galegos teñen que estar unidos e ser capaces de gañar a batalla dos vóos internacionais frente a Porto"

A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela asumen que teñen que deixar atrás competencias internas para facer fronte a dous competidores que lles quitan pasaxeiros a Alvedro, Lavacolla e Peinador: O aeoporto Sa Carneiro de Porto e, próximamente, o AVE.

Alberto Gómez Barros

A Coruña | 22.04.2024 14:22

Gonzalo Castro, concelleiro de Promoción Económica da Coruña

Tocan tempos de cambio da estratexia das rutas nos tres concellos galegos que teñen aeroportos. Da competencia recente por conseguir ou quitar rutas ó veciño, agora toca unirse e coordinarse diante de dous importantes competidores. O aeroporto Sa Carneiro, de Porto. E a chegada do AVE.

Porto xa é un serio competidor. E o AVE, cando chegue as tres cidades anteriormente citadas. Así o deixou claro o concelleiro de Promoción Económica do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, quen recoñeceu que xa houbo unha xuntanza, haberá máis e logo tocará sentarse coa Xunta de Galicia para planificar unha estratexia común.

Gonzalo Castro apuntou cifras preocupantes para os aeroportos galegos, con relación ós vóos internacionais. O Sa Carneiro multiplicou por dous nos últimos dez anos o número de pasaxeiros. Entre 2014 e 2023 pasou dos 3.4 millóns a máis de 7 millóns, dos que moitas son galegas e galegos.