Entre a programación deste ano destacan o concerto de despedida de Leilía; a presenza de dous premios nacionais de Literatura, Yolanda Castaño e Xosé Castro; e a proxección de filmes seleccionados para os premios Goya como "O Corno"; así como as últimas novidades de videoxogos feitos en Galicia.
Todo cunha entrada única de tres euros, que ao director do certame parécelle "barata" comparada co prezo dunha entrada de cine, por exemplo.