Monforte na Onda 21/03/2018

Monforte na Onda 21/03/2018

Co obxectivo de visibilizar a Endometriosis máis de 60 comercios de Monforte visten hoxe os seus escaparates de amarelo. Unha campaña que promove a monfortina Marta Gallo coa que falamos no programa de hoxe. No espazo "Facendo Empresa" entrevistamos a Carlos Pérez de Terras de Maria Castaña gañador do Concurso da Fundación Semente de Monforte. Entre outros asuntos, no programa de hoxe temos tamén a representantes do persoal de Medicina Interna e Especialidades do Hospital Comarcal que valoran a Lei de Saúde aprobada onte no Parlamento Galego e declaracións que este luns fixo neste mesmo programa o xerente da EOXI.