Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos

Programa completo do 22/04/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 22.04.2024 14:21

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e a primeira conversa é coa profesora Rosa María Gamallo, sobre a exposición que hoxe abren na Casa da Cultura de Monforte sobre a oferta educativa do IES A Pinguela que se prepara para conmemorar o venres o 40 aniversario. E o IES Daviña Rey é o único de Galicia que oferta un curso de especialización sobre sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias. Para formar ó alumnado preparan unha maqueta da que falamos hoxe co maquetista, José María Rodellar, e cos profesores Amancio Rodríguez e Marta Núñez. O BNG en Monforte solicita ó concello que habilite unha pista de Pump track. Unha iniciativa que presentará no próximo pleno e da que nos fala o voceiro Emilio Sánchez, que anuncia tamén a presentación de alegacións ó regulamento de honras e disntincións que se vén de aprobar no concello monfortino. E rematamos repasando resultados dos equipos da zona nos enfrontamentos da fin de semana.