Economía
07/04/2026 08:10
A Xunta aprobará unha convocatoria de axudas para fomentar a construción en madeira
Son axudas que poden chegar ata o 70 por cento do gasto subvencionable e que cobren a utilización de produtos en madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma tanto de naves e establecementos como de vivendas unifamiliares; así como a redacción dos respectivos proxectos.










