lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

30/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (30-05-2018)

Comezamos o programa repasando a actualidade co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Despedimos este "Maio, mes da lingua" cun novo paseo radiofónico: esta semana Ana Acuña e Alberto Oubiña son os nosos guías seguindo as pegadas de María Victoria Moreno pola cidade. Rematamos o programa coa visita de Raquel Pedrouso, a nosa coach de cabeceira

Onda Cero Pontevedra

29/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (29-05-2018)

As novidades sobre o futuro de Elnosa en Lourizán centran a actualidade e a nosa atención na primeira parte do programa. No almorzo informativo desta semana acompáñanos o presidente de AJE, Pablo Fernández. E, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios!

Onda Cero Pontevedra

28/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (28-05-2018)

Abrimos o programa coa actualidade do día e buscando reaccións á nova ordenanza de mobilidade na que traballa o Concello de Pontevedra. Coñecemos a predicción metereolóxica e, como cada luns, abrimos espazo de motor con Abel Millán. O ritmo chega cada inicio de semana coa nosa sección musical "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

24/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (24-05-2018)

A actualidade do día e a entrevista co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, son os protagonistas na primeira parte do programa. Falamos de viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e, como cada xoves, abrimos espazo de saúde coa visita de Marta Blanco desde Galáurea. Rematamos o programa con Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

23/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (23-05-2018)

Comezamos o programa repasando a actualidade en liña directa con Vilaboa, conde os veciños reforzan a defensa da vivenda sobre a que pesa unha inminente orde de demolición. Celebramos "Maio, mes da lingua" con paseos radiofónicos: esta semana a nosa guía é a concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, para percorrer a cidade co comercio de proximidade como fío condutor. Rematamos o programa sobre dúas rodas cos amigos de Pedaladas

Onda Cero Pontevedra

22/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (22-05-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día coa mirada en Vilaboa, onde os veciños se organizan para impedir a demolición dunha vivenda. No almorzo informativo deste martes desde a Cafetería Moi Bo visítanos o vicerreitor electo do Campus universitario pontevedrés, Jorge Soto. E, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

16/05/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

16/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (16-05-2018)

Comezamos o programa repasando a actualidade e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Estreamos nova sección para celebrar este "Maio, mes da lingua" paseando cos micros pola cidade: con Roberto Rivas facemos un roteiro coñecendo a historia dos oficios nos espazos públicos. Rematamos o programa coa visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

15/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (15-05-2018)

Este martes almorzamos co deputado do PSdG por Pontevedra no Congreso, Guillermo Meijón. Falamos de teatro con actores do Grupo Senior da Fundación e ampliamos as nosas bibliotecas con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

14/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (14-05-2018)

Escoita aquí o programa especial desde o IES Torrente Ballester de Pontevedra. Celebramos na radio o "Maio, mes da lingua" coa nosa homenaxe a Mª Victoria Moreno.