Temas

cantantes

ONDA CERO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 28/11/2022

Todos os luns comezamos co ritmo de Cántamo...en galego! Hoxe con entrevista a Hugo Guezeta da banda Son da Rúa xa que inician unha xira de despedida. Estarán este venres na Sala Karma de Pontevedra. Apertura as 21:30h. Tamén escoitamos a Ataque Escampe e a Fanny & Alexander.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 28/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando con Daniel Martínez, diplomado en relacións laborais de "María Cobián y Asociados". Ademais, buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista con Victor González, director da UNED Pontevedra. Como cada luns, falamos do mundo do motor con Abel Millán e escoitamos música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 21/11/2022

Os luns queremos ter un bo ritmo e para iso escoitamos música en galego feita en Galicia. Hoxe falamos de Culturgal e os seus concertos, por iso facemos soar Promesas" de Ukestra Do Medio, "Nunha Estrela" de Antía Muíño, "Estrelas verdes" de Berto e finalizamos con unha canción de Néboa " 22:19 - O soño e a calma" (con Antía Ameixeiras & sús)

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 07/11/2022

Para comezar a semana necesitamos o ritmo de Cántamo...en galego!!! Hoxe facemos soar o novo de Monoulious DOP con "Sábado", continuamos co descubrimento de Noelia Perpetuo e o tema "Nós" e do grupo Bonhomía, formado por Carolina García e Pablo Araújo con" Caixa de cartón", ambos participaron no certame infantil e xuvenil de Quero Cantar que promociona a Deputación da Coruña.

ONDA CERO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 31/10/2022

Escoita a sección musical de "Más de Uno Pontevedra". Centrámonos na festa do Samaín e por iso fixemos unha escolma de diferentes estilos musicais de bandas e artistas galegos que cantan sobre esta festa tan particular, ademais facemos soar "Cantan as balas", un adianto do último de SES, xa que o 25 de este mes presenta novo disco “Diante un Eco”

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 24/10/2022

Como cada luns, compartimos música e talento neste espacio musical e escoitamos a Antía Muíño con "Canta, miña compañeira", a banda de Néboa e so seu tema " A vida que me chega", continuamos con Berto e "Bágoas de cocodrilo" e finalizamos con Grande Amore.

MÁIS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 17/10/2022

Os luns poñemos ritmo a semana cos artistas da nosa terra. O que escoitamos son todas novidades que nos presentan as direfentes bandas. Comezamos con Familia Caamagno e "Máquina virtual", seguimos con Fillas de Cassandra e "Lisístrata (varre vasoira)", continuamos con Brais Mora e Nasaufunk e finalizamos con LaMontagne e PicoAmperio co tema "Porque no mundo"

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 03/10/2022

Neste inicio de semana temos moitas novidades no eido musical. Escoitamos a Purple Rei con versións de Prince, coñecemos a Mekanika Rolling Band ca súa "Romaría de defuntos", escoitamos a Nastasia Zürcher en galego "Onda Mirar" e rematamos con Catuxa Salom. Ademáis, repasamos máis categorías dos Premios Martín Códax da Música, xa que o 5 de outubro entregarán os galardons na cidade de Pontevedra

Más de Uno Pontevedra

Cántamo en galego 26/09/2022

Todolos luns poñemos ritmo con música de bandas e artistas galegos cantando en galego. Nesta xornadas facemos soar a Guadi Galego e o seu novo tema "Alegoria", LaMontage e PicoAmperio con "Banharemos nas Ondas" e Grande Amore con "Esta pena que a veces teño". Ademais, escoitamos a Fuxan os Ventos porque serán homenaxeados nos Premios Martin Codax pola súa traxectoria.

Cántamo... en galego!

O Surfing the Lérez regresa á Illa do Covo na súa décima edición

O Surfing the Lérez volve con ánimos renovados, con tres xornadas de música e actividades en directo, entre o 23 e o 25 de xuño, coincidindo nunha data tan sinalada como é a propia celebración do San Xoán. Conversamos con Marcos Rivas para coñecer o programa do festival que volverá converter a Illa do Covo no escenario principal da festa, que contará con varios escenarios onde distribuír as ducias de concertos que se sucederán ao longo do día.