Campeonato de España de Atletismo
28/02/2022 09:18
Manuel Baltar asistiu á xornada de peche do nacional Indoor que transformou a cidade “nun escenario perfecto para o deporte poñendo a proba a nosa capacidade organizativa, que é moita e boa”
Subliñou que “este tipo de eventos prestíxianos no ámbito turístico, e referenda esa aposta nosa polo ecosistema de turismo deportivo que seguiremos potenciando”
Expresou a súa satisfacción por un campionato no que participou a elite do atletismo español e deixou récords nacionais “nunhas instalacións que son a envexa de todo o noroeste peninsular”