Área metropolitana

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón.

O Goberno galego cofinanciará, mediante a achega de 600.000€, esta intervención que estará rematada o próximo ano.

ondacero.es

Mos |

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón.
A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón. | Prensa, Xunta de Galiica

Esta actuación transformará o centro urbano de Mos nunha zona máis accesible e sostible, incrementando notablemente o espazo para uso peonil. O proxecto inclúe a dotación de máis zonas de estancia e esparexemento, espazos con xardíns, con novo mobiliario urbano e nova iluminación. O proxecto abrangue a remodelación dun tramo de 170 metros da avenida de Puxeiros, outros 125 metros da avenida do Rebullón e a totalidade da superficie da rotonda dos Bois.