Sen diálogo co Ministerio
Alfonso Rueda lamentaba que haxa «moi pouco diálogo» co Ministerio de Sanidade. Acusaba ao departamento que dirixe Mónica García de sacar adiante medidas e reformas sen consenso coas comunidades. Confía en que o anteproxecto de lei de Xestión Pública, aprobado esta martes en Consello de Ministros, vaia na liña do reforzo da calidade da sanidade, pero amósase prudente pola falta de diálogo coas autonomías en normativas anteriores.
VivendaAlfonso Rueda reiterou o compromiso do Goberno galego de construir en 4 anos ata 4.000 vivendas de promoción pública. A elas se lle unirán entre 20.000 e 25.000, construidas por cooperativas e promotores privados que, ao recibir axudas da Xunta, terán un prezo accesible. Ademais, lembrou o xefe do Executivo que veñen de acordar a suba do umbral de renda para que máis familias poidan acceder a unha vivenda pública. Exemplificouno co caso dunha parella cun fillo, que gañen entre 1.200 e 1.300 euros ao mes, e que agora si poderán optar a unha vivenda protexida (antes superaban o umbral).
«Prudencia e optimismo»
En canto á posibilidade de que SAIC Motor instale a súa factoría en Galicia, o presidente mantén que hai que ser «prudentes» xa que aínda queda o pronunciamento final da empresa; mais confesa que é «optimista».
Na entrevista en Galicia en la onda, Alfonso Rueda reiterou a súa crítica aos da «oposición por sistema, que cando se fala dun novo proxecto industrial, sen coñecelo, xa montan unha plataforma». Fixo fincapé en que a Xunta é «absolutamente estricta» e non concede autorizacións proxectos que non cumpren.
