INTERIOR DO CONVENTO DE SANTA CLARA EN PONTEVEDRA

O director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, como guía polo convento

As portas do convento de Santa Clara abren para nós nunha "Cita a cegas" moi especial.

Susana Pedreira visita esta xoia arquitectónica da man do director do Museo de Pontevedra.

Redacción

Ponteveda | 16.06.2022 10:09

Exterior e interior do Convento de santa Clara

No corazón de Pontevedra sitúase dende a Idade Media o mosteiro de Santa Clara, fogar do convento das clarisas probablemente dende finais do século XIII e, de seguro, dende os inicios do XIV. Lendas, vidas e historias mestúranse nos muros góticos deste edificio que se ergue cara o ceo con arcos apuntados e paredes rexas.

Pequeno video de parte do interior do convento de clausura de Santa Clara en Pontevedra.