Almorzo informativo - Rías Bajas

Cesar Poza urxe a execución da A57 para aliviar o excesivo tráfico que soporta a N-554

O alcalde de Vilaboa recoñece que a situación da estrada nacional é cada vez maís preocupante; e máis agora co incremento dos prezos das peaxes da autoestrada AP-9 que leva a moitos conductores e transportistas optar por unha alternativa como a vía nacional que atravesa o concello.

Redacción

Pontevedra | 10.01.2023 13:51

O rexedor de Vilaboa, Cesar Poza, ao longo do almorzo informativo no Hotel Rías Bajas, agarda con impaciencia unha solución a elevada densidade de tráfico na estrada nacional N-554.

Durante a amplia entrevista o primer edil tamen fixo alusión os problemas do área sanitaria Pontevedra-Salnés, o orzamento municipal, o abastecemento de auga, os problemas para levar a cabo o proxecto do multiusos ou a posta en valor das Salinas do Ulló.

Finalmente, Cesar Poza aclarou que está a espera de ser confirmado como candidato do PSdeG a alcaldía de Viloboa nos comicios electoráis do próximo mes de maio.