Infraestructuras

O PSOE de Ourense pide á Xunta que arranxe a estrada OU 540

Levarán iniciativas nese senso ó Parlamento de Galicia

Paco Sarria

Ourense |

O PSOE de Ourense pide á Xunta que arranxe a estrada OU 540
O PSOE de Ourense pide á Xunta que arranxe a estrada OU 540 | onda cero ourense

O PSOE ourensán levará ó Parlamento de Galicia o "deplorable estado" no que se atopa a estrada OU-540 no tramo comprendido entre Bande e a fronteira con Portugal

De tal xeito demandarán unha intervención urxente e inmediata co obxectivo de garantir a seguridade das persoas usuarias.

Para a parlamentaria socialista ourensá, Carmen Rodríguez Dacosta este é un claro exemplo do abandono continuado da Baixa Limia por parte da Xunta de Galicia, á que lle pide que pase "dos anuncios publicitarios ás accións".