Apagón

PP pide explicacións polos falecidos en Taboadela no apagón

Houbo 3 falecidos dunha mesma familia

Paco Sarria

Ourense |

PP pide explicacións polos falecidos en Taboadela no apagón
PP pide explicacións polos falecidos en Taboadela no apagón | wikipedia

O grupo municipal do PP no Concello de Taboadela ven de solicitar que o Alcalde; o socialista Álvaro Vila; informe sobre si existe “demanda ou proceso xudicial aberto” en contra da administración local ou contra membros do grupo de goberno en relación co falecemento de 3 veciños o día do apagón (o 29 de abril).

En aquela data informouse de que a morte foi consecuencia dunha presunta intoxicación debido ós gases dun xerador que fora cedido supostamente polo Concello para que poideran conectar un respirador que precisaba o máis maior da casa.

En aquela ocasión faleceu un matrimonio de 81 e 77 anos e seu fillo de 56.