Ourense convírtese ata decembro na capital do "pop art"

Chega ao Centro Cultural Márcos Valcárcel a exposición “Pure pop art” fascinación polo trivial na que poderemos disfrutar de obras de Andy Warhol, Lichtenstein, Kaufman ou Robert Indiana que proveñen da colección privada da firma MBA. En Ourense estará ate o 15 de decembro e por agora é a única exposicion prevista en Galicia o que fai que os organizadores agarden que a capital das Burgas grazas a esta proposta se convirta nos vindeiros días nun referente do turismo cultural. A mostra recolle unha selección pensada nun público heteroxéneo e que encaixe na liña dos autores do gusto polo popular. Latas, barriñas de chocolate, comics, palabras son precisamente as bases da creación destes artistas marcados polo "compromiso social".

ondacero.es

Ourense | 31.10.2013 14:23

Chega "pure pop art"
Reprensentantes da Fundación Cum Laude e MBA | Xesús Álvarez

Chega ao Centro Cultural Márcos Valcárcel a exposición “Pure pop art” fascinación polo trivial na que poderemos disfrutar de obras de Andy Warhol, Lichtenstein, Kaufman ou Robert Indiana que proveñen da colección privada da firma MBA. En Ourense estará ate o 15 de decembro e por agora é a única exposicion prevista en Galicia o que fai que os organizadores agarden que a capital das Burgas grazas a esta proposta se convirta nos vindeiros días nun referente do turismo cultural. A mostra recolle unha selección pensada nun público heteroxéneo e que encaixe na liña dos autores do gusto polo popular. Latas, barriñas de chocolate, comics, palabras son precisamente as bases da creación destes artistas marcados polo "compromiso social". A exposición será posible visitala en Ourense grazas ás xestións da Fundación Cum Laude