Comercio

A Xunta lanza "Prato de Mercado" para potenciar as prazas de abastos

O acto reuniu 34 cociñeiros e cociñeiras galegas de 31 establecementos de restauración, unidos para presentar esta iniciativa de comercio de atracción destinada a fortalecer a conexión destes espazos co talento de chefs galegos de referencia.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta lanza "Prato de Mercado" para potenciar as prazas de abastos
A Xunta lanza "Prato de Mercado" para potenciar as prazas de abastos | Xunta de Galicia

O conselleiro destacou o compromiso da Xunta cos mercados —preto de 100 en toda Galicia distribuídos en 76 municipios—, que continúan a ser espazos esenciais para garantir a calidade da oferta comercial, o abastecemento de proximidade e a conexión directa co territorio. Subliñou tamén o seu papel como motores de comercio de atracción e como lugares versátiles e con gran capacidade de adaptación e innovación fronte ás novas tendencias de consumo, que acollen accións culturais, iniciativas gastronómicas e propostas que favorecen novas sinerxías entre comercio, hostalaría e cociña.

O lanzamento de Prato de Mercado, sinalou o conselleiro, marca o inicio dun programa que se desenvolverá ao longo de 2026, cun calendario de showcookings en mercados de toda Galicia. O obxectivo é impulsar a dinamización das prazas de abastos e fortalecer a súa capacidade para xerar emprego e riqueza nas contornas onde se sitúan, no marco do programa de actuacións do vixente Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Tamén se referiu á iniciativa Artesanía no Prato, que promove as pezas de Artesanía de Galicia como soporte da gastronomía. Ao abeiro dela, máis de 50 obradoiros artesanais galegos están traballando xa con restaurantes da comunidade, nacionais e internacionais.

Plan estratéxico de comercio

Prato de Mercado forma parte das máis de 70 accións incluídas no Plan estratéxico do comercio de Galicia, dotado con máis de 320 M€, e compleméntase con outras accións de promoción xa consolidadas, como Quere o teu mercado, que na edición de maio contou coa participación de máis de 2.550 profesionais de 63 mercados galegos. Ademais, coincide coa recente da nova imaxe do Comercio Galego, unha marca distintiva coa que o a Xunta busca enxalzar a identidade e excelencia dos comercios de proximidade.