Comercio

ABANCA e o CCA Ourense Centro traballan no impulso do comercio local

A entidade financeira e os comerciantes deseñan alternativas creadas para mellorar a competitividade dos negocios actuais, o banco ofrece un catálogo específico para facilitar o acceso ao crédito ao pequeno e mediano comercio

Óscar Gómez

Ourense | 01.06.2022 09:18

ABANCA e o CCA Ourense Centro traballan no impulso do comercio local
ABANCA e o CCA Ourense Centro traballan no impulso do comercio local | onda cero

ABANCA e o Centro Comercial Aberto Ourense Centro veñen de asinar un convenio financeiro de colaboración que busca apoiar ao comercio de proximidade mediante o acceso ao crédito e alternativas deseñadas para mellorar a competitividade dos negocios actuais.

O convenio foi rubricado esta mañá en Ourense polo director de zona de ABANCA en Ourense centro, Enrique Romero, e o presidente de Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luis Rivera.

Tras a rúbrica, os comerciantes adheridos poderán acceder ás vantaxes incluidas no documento, entre as que destaca un plan de financiamento creado polo banco e a agrupación de comerciantes para responder ás necesidades do colectivo. Neste acordo detállanse tamén produtos e servizos creados para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos negocios dos asociados. Deste modo, terán acceso a produtos deseñados específicamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

Co obxectivo de adaptarse ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria do comercio, o texto recolle outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou confirming. O banco tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións ante a crise.

Así mesmo, os comerciantes ourensáns poderán beneficiarse de condicións melloradas na contratación de TPV, tanto físicos como virtuais. Estes últimos aumentaron o seu uso nos últimos tempos debido ao incremento do comercio por internet. Os adheridos terán acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.