Atletismo

Xornada de récords no Campionato Galego máster celebrado en Balaidos

Preto de 300 atletas dábanse cita na cidade olívica para tomar parte neste importante evento cun ollo posto na preparación do inminente Campionato de España máster que se desenvolverá a finais deste mes en Jeréz.

Óscar Gómez

Ourense | 06.06.2023 08:48

Xornada de récords no Campionato Galego máster celebrado en Balaidos
Xornada de récords no Campionato Galego máster celebrado en Balaidos | onda cero

O máis salientable foron os dez records galegos estabrecidos -que poderían ter sido máis se non fora polo vento- sobre os que destaca o récord de España M80 de Pepín Rioseco, que logo dunha paréntese, voltaba á compitición da mellor maneira posible. O pentaplusmrquista mundial lograba sobre os 400 m. un rexistro de 1:17.08 que supón un novo tope nacional. Precisamente sobre esta mesma distancia na M75 Manuel Millara do Comesaña S.C. era outro dos plusmarquistas galegos con 1:35.21.

Continuando ca velocidade masculina, o medallista nacional máster do Celta Miguel Gómez con 22.70, lograba unha rebaixa sobre a proba dos 200 m. na categoría M40, ao igual que polifacético atleta de A Silva Basi Bernárdez sobre a mesma distancia, que malia estar ¨tocado¨ dun nocello, lograba na M50 un novo récord con 24.74.

Récord tamén para a sadense Angeles Ripoll quen desfacía a anterior plusmarca que ela mesma tiña en máis dun minuto, para deixar a proba dos 5.000 m. W60 nuns excelentes 22:37.50.

Xa nos concursos, Carlos Alvarez do Samertolameu lograba na M55 deixar o listón de altura nun novo tope galego de 1.53 m. ao igual que sobre a colchoneta de pértega facía José Cobián do Real Club Celta na M45 con 3.81 m. Pola súa banda a atleta do C.D. La Purísima Nuria Jones en triplo W55, efectuaba no seu terceiro intento un mellor salto de 8.24 m. polos 5.74 m. da plusmarquista galega W35 Tania Valverde do ADAS CUPA en lonxitude, malia que con vento +3.0

Por último, no concurso de martelo pesado dous récords galegos a cargo de Loreto Brea da Gimnástica de Pontevedra na W45 con 9.97 m. e da múltiple campioa de España e refrente máster, Emilia Mesa do Ourense Atletismo con 9.26 na W70.