Se o DUX chega a xogar en Ourense, ti a que club apoiarías

VOTA - DUX, Ourense CF ou UD Ourense

A temporada 2022/23 poderían convivir en Ourense o DUX Internacional de Madrid (co nome de Ourense incluído), o Ourense CF e a UD Ourense.

Onda Cero Ourense

Ourense | 13.09.2021 12:00

VOTA - DUX, Ourense CF ou UD Ourense
VOTA - DUX, Ourense CF ou UD Ourense | RRSS da UD Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou hai unhas semanas que a partir da vindeira temporada o club DUX Internacional de Madrid podería trasladar a súa sede a Ourense incluindo o nome da nosa cidade na súa nomenclatura oficial. Deste xeito convivirían nunha mesma cidade Dux Internacional, Ourense CF e UD Ourense ademáis de outros equipos (Velle, Santa Teresita, Seixalbo, Covadonga ...) que representan a barrios diferentes da cidade.

Neste escenario, ¿cal sería o equipo de Ourense?

DUX Internacional de ¿Ourense?

O Internacional de Madrid é un club fundado por un empresario inglés hai varias temporadas.

Empezou nas categorías máis baixas do fútbol madrileño e foi ascendendo peldaño a peldaño ata chegar á desaparecida 2ª división B. Unha das peculiariedades deste club é que tiña o nome máis longo do fútbol español (Sección de Acción Deportiva Club de Fútbol Internacional de Madrid Deportes Sociedad Limitada) aínda que é coñecido cómo Inter de Madrid.

Na súa fundación, en 2002, comenzou xogando en Orcasitas e despois pasou por varias localidades diferentes:

  • Dehesa de la Villa
  • Moraleja de Enmedio
  • Boadilla del Monte
  • Villaviciosa de Odón (sede actual)

No verán de 2020 entrou no seu accionariado a empresa de esports DUX GAMING que pasou a formar parte do nome do club convertíndose en DUX Internacional de Madrid.

Ourense CF

O Ourense CF naceu co nome de Puente CF en 1977 e representaba a un dos barrios máis poblados e con máis identidade da cidade de Ourense, o barrio da Ponte. En 1996 engadiu o nome da cidade e pasou a chamarse Ponte Ourense CF. No verán de 2014 mudou o seu nome ó actual (Ourense CF) e pouco despois pasou a xogar os seus partidos cómo local no campo de O Couto.

Estos cambios de nome e, mesmo de cores (camiseta branca/pantalón negro, camiseta branca/pantalón azul e desde esta tempada camiseta azul/pantalón negro) complican a súa identificación coa cidade.

Actualmente o Ourense CF compite en 3 RFEF sendo o equipo dunha categoría máis alta do fútbol na cidade de Ourense.

UD Ourense

A Unión Deportiva Ourense foi fundada no verán de 2014 por os seguidores de CD Ourense que desapareceu ese mesmo verán.

A UD Ourense pódese considerar o club que aglutina os sentimentos da maioría dos aficionados ó fútbol na cidade de Ourense.

O seu camiño comenzou na categoría máis baixa do fútbol nacional (3ª Rexional) e en 4 anos ascendeu consecutivamente ata a 3ª división onde permaneceu durante 3 temporadas. A tempada pasada descendeu a Rexional Preferente onde xogará os seus partidos esta temporada.

VOTA - ¿A que equipo apoiarías da cidade de Ourense?

VOTA - A qué equipo da cidade de Ourense apoiarías. DUX Internacional de Ourense, Ourense CF ou UD Ourense

  1. 1

    UD Ourense

    UD Ourense

    A UD Ourense é o equipo que ten maior respaldo social da cidade de Ourense a pesar de non ser o mellor clasificado (xoga en Preferente Galicia) e foi fundado por os seguidores do desaparecido CD Ourense

  2. 2

    Ourense CF

    Ourense CF

    O club naceu como Puente CF, despois pasou a chamarse Ponte Ourense CF e desde 2014 compite co nome de Ourense CF. Estos cambios de identidade así como de imaxe non axudan a súa implantación en Ourense.

  3. 3

    Dux Internacional de ¿Ourense?

    Dux Internacional de Madrid

    O DUX Internacional de Madrid esta tempada xoga na 1 RFEF e, segundo o alcalde, cabería a posibilidade de que a vindeira tempada trasladase a súa sede a Ourense e incluiría o nome de Ourense.