Ourense Cidade

O PP solicita que o 80% da partida destinada a eventos deportivos pase a reforzar as axudas para os clubes deportivos da cidade

“A idea é que xa que eses recursos non se puideron destinar a eventos deportivos, poidan servir para reforzar as actividades que desenvolven os diferentes clubes deportivos da cidade”

Óscar Gómez

Ourense | 16.10.2020 09:00 (Actualizado 16.10.2020 09:01)

Escuelas deportivas de Ourense
Escuelas deportivas de Ourense | la voz de galicia

O PP solicita que o 80% da partida destinada a eventos deportivos que non se executou pola COVID, pase a reforzar as axudas para os clubes deportivos da cidade de Ourense. Esta proposta formulouna hoxe o edil Mario Guede na reunión semanal do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. Argumenta Mario Guede que as subvencións que perciben os clubes deportivos e serán adxudicadas neste mes, contarían cunha partida adicional, a petición dos populares, consistente nos fondos que non se puideron destinar a eventos deportivos por mor das restriccións derivadas da pandemia sanitaria. “A idea é que xa que eses recursos non se puideron destinar a eventos deportivos, poidan servir para reforzar as actividades que desenvolven os diferentes clubes deportivos da cidade”, explica Mario Guede.

LO MÁS