Ribadavia

Ribadavia consegue o proxecto de mellora da Rúa da Portanova ao campo da feira

Desde o Concello, Brais Fidalgo, reiteraba o agradecemento á Dirección Xeral de Turismo da Xunta, xa que unha vez máis colabora con Ribadavia, despois de que xa o fixera na mellora do local social da Igrexa da Madalena.

Óscar Gómez

Ourense | 20.03.2023 08:59

Ribadavia consegue o proxecto de mellora da Rúa da Portanova ao campo da feira
Ribadavia consegue o proxecto de mellora da Rúa da Portanova ao campo da feira | onda cero

Este proxecto realizase por ser unha prolongación dunha das portas principais que dan acceso o entorno amurallado do castelo de Ribadavia. Ademais, esta rúa une a emblemática Portanova co parque do Campo da Feira, no que está ubicada a área de autocaravanas e que atrae a moitos visitantes e turistas cada ano e de maneira constante e estable.

Este camiño, a pesar da súa situación tan importante ten un acabado superficial formado por formigón a vista, con zoas parcheadas e numerosas fendas, dispón no seu encontro coa rúa transversal, dúas beirarrúas que coinciden co tramo mais ancho do camiño.Sendo moi necesario humanizar dito camiño e darlle unha forma máis acorde co entorno onde se encontra.

Ademais, anúlanse os contedores de lixo soterrados e fora de uso, que causan moi mala imaxe, deixando no seu ámbito un pavimento de iguales características o existente, eliminando desta zona o estacionamento de vehículos.

Brais Fidalgo, portavoz do goberno e responsable da área de urbanismo e casco histórico, recorda que este é un proxecto moi demandado durante anos, e que agora farase realidade grazas a un proxecto que ascende a case 50 mil euros, dos cales a Xunta a través da D.X. de Turismo aporta 30 mil euros.

É xusto recordar que este proxecto foi rexistrado na Deputación de Ourense en varias ocasións no ano pasado. A pesar das numerosas modificacións orzamentarias e do reparto de diñeiro aos concellos da provincia, a Deputación optou polo seu veto a Ribadavia tanto en 2022 como no 2023