Karate

Ribadavia acollerá este sábado a segunda xornada da liga galega de karate

Este sábado 11 de marzo levarase a cabo en Ribadavia a segunda xornada da Liga Galega de Kárate da tempada 2022-2023. Un evento de carácter promocional que se celebrará no Polideportivo Municipal "OConsello" en horario de mañá e de tarde, comezando a xornada de mañá a partir das 10:00 horas, e a da tarde a partir das 16:30horas.

Óscar Gómez

Ourense | 10.03.2023 08:09

Ribadavia acollerá este sábado a segunda xornada da liga galega de karate
Ribadavia acollerá este sábado a segunda xornada da liga galega de karate | La Voz de Galicia

Dita competición abarcará as modalidades de Kumite e Kata, nas seguintes categorías; pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete,estruturándose en dous niveis; iniciación e avanzado. Nesta competición participarán un total de 579 inscritos e 30 clubes, e está dirixida ás categoría base, coa finalidade de lles ofrecer espazos de mellora e crecemento deportivo.

Desde o Concello agardan unha fin de semana deportiva de moi bo ambiente en Ribadavia, cunha importante afluencia de visitantes de toda Galicia, case 600 participantes de entre 3 e 18 anos coas súas familias, que visitarán a nosa vila xerando un gran ambiente e convertendo a Ribadavia na capital do karate galego.