Ourense Cidade

O Psoe esixe unha rectificación pública a Jácome

O Psoe acusa a Jácome de prentender culpabilizar os socialistas despois de "asumir un PXOM cheo de pelotazos do PP". Lamentan o “descoñecemento enciclopédico” do alcalde a respecto do funcionamento da administración local

Óscar Gómez

Ourense | 17.06.2021 09:39

Gonzalo Pérez Jácome
Gonzalo Pérez Jácome | La voz de galicia

O PSdeG-PSOE de Ourense acusa a Jácome de evadir as súas responsabilidades e pretender culpabilizar os socialistas despois de “asumir un PXOM cheo de pelotazos do Partido Popular que el mesmo dixo que ía pulir”, polo que tachan de “rotundamente falsas” as declaracións feitas en roda de prensa esta mañá polo rexedor e esixen “unha rectificación pública”.

“As palabras do alcalde responden á súa conivencia coa política urbanística do Partido Popular, que son os verdadeiros responsables dos ‘pelotazos’ introducidos sobre o PXOM aprobado en 2013, ao que se incorporaron modificacións substanciais pola porta de atrás que contaminan a esencia do documento”, sinalan dende o grupo municipal socialista, ao tempo que aseguran que “o noso modelo urbanístico non ten nada que ver co que queren Jácome e o PP”.

Os socialistas acusan a Jácome de “tragar cun PXOM que el mesmo dixo que estaba cheo de pelotazos sangrantes” e apuntan á “clara incapacidade do alcalde para acometer un planeamento rigoroso”. Neste sentido, denuncian que o rexedor “vendeu fume electoral” e fixo “demagoxia” coas Torres do Miño, que na oposición prometeu que eliminaría “a custe cero” e agora asume.

“Jácome vén de admitir que non vai deter a construción das Torres do Miño, posto que o máximo que pode facer é rebaixarlle altura, e tampouco vai poder construír o rañaceos de Mariñamansa que prometera, cruzando así as súas propias liñas vermellas en relación ao urbanismo da cidade”, explican os socialistas.

“O alcalde está á deriva, sumido nunha contraargumentación constante contra si mesmo, polo que nos preguntamos cantas veces máis vai levarse a contraria e cantas liñas vermellas impostas por el mesmo máis vai cruzar de aquí ao final do seu mandato”, conclúen.

Contratos menores

Por outra banda, dende o grupo municipal socialista aseguran que o anuncio de Jácome sobre a utilización dun equipo de persoal eventual para comparar prezos de mercado coa intención de axustar os contratos menores aos prezos de mercado amosa, unha vez máis, “o descoñecemento enciclopédico” do alcalde a respecto do funcionamento da administración local despois de dous anos á fronte do Concello.

Neste sentido, os socialistas advirten que o persoal eventual debe encargarse de tarefas de asesoramento político e en ningún caso pode dedicarse a tarefas que corresponden aos funcionarios e mesmo á intervención.

“Agardamos que Jácome se refira ao perfil do contratante da web do Concello cando fala de publicar as compras que impliquen contratos menores na Internet”, subliñan.

Por outra banda, dende o grupo municipal socialista aseguran que o anuncio de Jácome sobre a utilización dun equipo de persoal eventual para comparar prezos de mercado coa intención de axustar os contratos menores aos prezos de mercado amosa, unha vez máis, “o descoñecemento enciclopédico” do alcalde a respecto do funcionamento da administración local despois de dous anos á fronte do Concello.

Neste sentido, os socialistas advirten que o persoal eventual debe encargarse de tarefas de asesoramento político e en ningún caso pode dedicarse a tarefas que corresponden aos funcionarios e mesmo á intervención. “Agardamos que Jácome se refira ao perfil do contratante da web do Concello cando fala de publicar as compras que impliquen contratos menores na Internet”, subliñan.