PP CONCELLO DE OURENSE

O PP de Ourense valora positivamente a declaración do Casco Histórico coma "Área Rexurbe"

O PP no Concello de Ourense asegura que se trata da resposta da Xunta de Galicia á "inacción" do goberno local. Os populares din que traballan "unidos" e negan o regreso a un cogoberno.

Jesús Álvarez

Ourense |

Grupo municipal do PP no Concello de Ourense
Grupo municipal do PP no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

O grupo municipal do PP no Concello de Ourense valorou "positivamente" a declaración do Casco Histórico de Ourense por parte da Xunta coma "Área Rexurbe" abranguendo un total de 19 hectáreas ás que se destinarán inicialmente axudas de 1,3 millons de euros para adquisición e rehabilitación de inmobles e a creación de vivendas de alugueiro público.

Para a voceira do PP Ana Méndez "está é a resposta do goberno galego á inacción do goberno de democracia ourensana".

Os populares acusaban ao goberno local de "carecer dun plan de vivienda" mentres que o pp ofrece solucións. Neste contexto destacan proxectos coma a adxudicacion de 64 vivendas de protección publica en Mariñamansa ou os 13 millóns de euros destinados ao "bono alugueiro" para axudar á emancipación da mocidade.

Dende o grupo municipal do PP instan agora ao goberno ourensán a abrir a oficina do peri pechada dende 2022 e "desmantelada", incrementando os seus recursos humáns. Ademáis apremian ao goberno de Jácome a poñer en marcha un "plan de dinamización" que teña en conta tamén as "carencias sociais".

A ex edil de urbanismo do Partido Popular, Sonia Ogando celebrou que vaia ser unha realidade un proxecto no que traballou e que entende "debe ser un auténtico revulsivo económico" para o casco histórico ourensán.

En relación ao plan de protección do conxunto histórico (PEPOU) os populares sinalaron que segue habiendo "falta de información" por parte do goberno local e tamén anuncian que preguntarán na xunta de área pola situación do plan de urbanismo pendente de subsanacións para ser devolto de novo á Xunta de Galicia para a sua revisión.

Os populares sinalaron que tampouco saben nada sobre uns novos orzamentos municipais anque confían en que se poñan en marcha.

Dende o PP insisten en que teñen un "proxecto propio" para presentarlle á cidadaníae que anque o alcalde quera rendabilizar moitas obras ou actuacións, "o 90% proceden do traballo realizado anteriormente polos populares".

Preguntados polos xornalistas polo posible regreso dos populares a un "cogoberno" con democracia ourensana, a voceira Ana Méndez respondía que non queren falar de "hipóteses infundadas" e tampouco entraron a vaticinar se o pp estará na oposición ate o 2027 anque confirmaron que traballan ca ollada posta nas vindeiras eleccións municipais.

Aos populares tamén se lles preguntaba polo estado de saúde do grupo municipal e unha posible fenda interna ao que respondían asegurando que anque poidan ter "diversidade de opinións" ou os seus debates internos coma os demáis partidos, no pp traballan "unidos" polo ben da cidade. Para o edil Jorge Pumar o que teñen que falar "faise dentro do vestuario".

O tamén edil popular Pepe Araujo, no seu día crítico co apoio a algunhas modificacións de crédito plantexadas por democracia ourensana, tentaba diferenciar as opinións persois das decisións tomadas en beneficio da cidade en asuntos coma o "plan de estabilización, funcionarios ou facturas impagadas por cuantías millonarias". Neste contexto sinalou que "ogallá Jácome siga presentando este tipo de moficiacións", engadindo que o problema foi que "no seu momento BNG e PSOE foron os responsables de manter ao rexedor na alcaldía".