Reunión da xestora do PP

Flora Moure: "O noso obxectivo é ser útiles aos ourensáns"

O próximo 29 de novembro celebrarán un encontro que leva por nome “Populares pola Igualdade e a erradicación da violencia contra as mulleres na era dixital”

Óscar Gómez

Ourense | 25.11.2021 08:07

flora moure
flora moure | onda cero

A xestora que dirixe a Xunta Local do PP, designada o pasado 8 de novembro polo Comité Executivo do PP provincial de Ourense, mantivo esta tarde a súa primeira reunión presencial e contou coa presenza do secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado; así como da secretaria xeral do PP de Ourense, Ana María Villarino.

O obxectivo fundamental do encontro, segundo explicou a presidenta da xestora, Flora Moure, foi sentar as bases e a planificación de accións que centrarán a actividade deste órgano de xestión nas vindeiras semanas. “O noso obxectivo primordial é ser útiles aos ourensáns e evitar a paralización da cidade de Ourense”. Así, o primeiro acto organizado pola xestora será o vindeiro luns 29 de novembro, que levará por título “Populares pola Igualdade e a erradicación da violencia contra as mulleres na era dixital”, que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires das 20:00 horas.

A xestora do PP na cidade de Ourense está presidida por Flora Moure, actual portavoz no concello da capital, e forman parte da mesma: Celso Delgado, Miguel Ángel Viso, Marisol Díaz, Noelia Pérez, Marta Rodríguez-Vispo, Eugenia Díaz, Belén Iglesias, Francisco Javier Rodríguez, Jorge Pumar, Aurelio Gómez, María Antonia Rilo, Ana Fernández Morenza, Mario Guede, Jesús Cudeiro, Sonia Ogando, Fabio Tabarés e coa incorporación de Milagros Sierra e Alberto Fraguas.