Cultura

A Deputación destina 220.000 euros para actividades culturais no Campus de Ourense

Por outra banda, aprobaronse dúas achegas para concellos, a primeira delas por importe de 48.000 euros para o acondicionamento de espazos públicos en Lobios

Óscar Gómez

Ourense |

A Deputación destina 220.000 euros para actividades culturais no Campus de Ourense | onda cero

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou, na reunión celebrada por videoconferencia, a concesión dunha achega por importe de 220.000 euros en favor da Universidade de Vigo, destinada ao desenvolvemento de actividades de difusión cultural no Campus de Ourense correspondentes ao ano 2020, e tamén ratificou o convenio entre a Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense, que anualmente asinan ámbalas dúas entidades.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou dúas achegas para concellos, a primeira delas por importe de 48.000 euros para o acondicionamento de espazos públicos en Lobios, e a segunda, para obras de viarios de acceso, acondicionamento e servizos ao novo centro de saúde da Rúa, por importe de 130.000 euros.