O Concello de Ourense está a substituír os alcorques das rúas máis céntricas da cidade, as comprendidas entre o Progreso e o Paseo. A actuación, que conta cun orzamento de 47.808,92 euros, quere sanear os alcorques danados ou que se foron deteriorando por factores endóxenos coma a humidade, as condicións atmosféricas ou o tránsito, tanto de peóns coma de vehículos.
Os alcorques son furados que se fan ao pé das árbores para deter a auga necesaria para o rego, xeralmente cubertos de materiais coma o caucho.O importe desta actuación ascende a 47.808,92 euros