Ourense Cidade

O Concello promove 'Ti reciclas', unha campaña para a prevención e a protección do medio ambiente

O obxectivo desta área municipal é o de concienciar a mocidade da realidade da súa contorna o de fomentar entre a mocidade unha serie de medidas antes de que un produto se converta nun residuo inútil e prexudicial

Óscar Gómez

Ourense | 26.02.2021 12:01

Reciclaje
Reciclaje | Agencia EFE

A Concellería de Educación pon en marcha este luns a campaña 'Ti reciclas' entre os escolares da cidade, unha iniciativa para a prevención e a protección do medio ambiente, para atender á produción de residuos dende o punto de vista da economía e do equilibrio social e natural.

O obxectivo desta área municipal é o de concienciar a mocidade da realidade da súa contorna o de fomentar entre a mocidade unha serie de medidas antes de que un produto se converta nun residuo inútil e prexudicial: “se reciclas, Ourense gaña”, afirman desde a área de Educación.

Esta experiencia vai dirixida a 443 alumnos de 5º e de 6º curso de Educación Primaria e de 1º e de 2º ciclo da ESO dos centros que a solicitaron. A primeira sesión será este luns, 1 de marzo, no CPR Salesianos desde as 11:00 horas.