Axuda Humanitaria

O Concello de Ourense fai un chamamento para recollida de biberóns comida para bebés e toallas húmidas

As persoas e entidades que queiran colaborar poden achegar as súas aportacións destes produtos ao centro municipal de apoio a Ucraína aberto polo Concello na rúa Vasco da Ponte, así como aos centros cívicos do Concello e á Agrupación de Protección Civil

Óscar Gómez

Ourense | 11.03.2022 08:43

O Concello de Ourense fai un chamamento para recollida de biberóns comida para bebés e toallas húmidas
O Concello de Ourense fai un chamamento para recollida de biberóns comida para bebés e toallas húmidas | onda cero

O Concello de Ourense fai chamamento a cidadanía para recoller con carácter urxente biberóns, comida para nenos de até 2 anos e toallitas húmidas como axuda humanitaria para os refuxiados ucraínos que están chegando a Polonia ante os ataques do exército ruso. Aténdese así a petición realizada polo alcalde da cidade polaca de Ladek-Zdroj, Roman Kaczmarczyk, que solicitou material humanitario aos integrantes da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA) -asociación europea de cidades históricas termais- para os refuxiados -principalmente mulleres con nenos e persoas maiores- que están chegando a esta urbe, situada no suroeste do país.

As persoas e entidades que queiran colaborar poden achegar as súas aportacións destes produtos ao centro municipal de apoio a Ucraína aberto polo Concello na rúa Vasco da Ponte, así como aos centros cívicos do Concello e á Agrupación de Protección Civil.